Hoxe disfrutamos dunha sesión de contacontos ó aire libre, aproveitando o bo tempo. Nesta ocasión, a nosa compañeira Olalla González, contounos os contos de "O coelliño branco" e "Carapuchiña vermella".
INFANTIL EN QUINTELA
08/04/2025
02/04/2025
INVITACIÓNS PARA A NOSA EXPOSICIÓN
Os pandas e as bolboretas, dentro do proxecto Teatro Quintela, promovido pola biblioteca do cole, investigamos sobre os tipos de teatro que hai. Levamos moito aprendido así que decidimos preparar unha exposición oral para explicarlle o que sabemos os nosos compañeiros/as do colexio. Para iso, preparamos unhas invitacións, co curso o que ía dirixido, o día e a hora. Logo fomos entragarllas as súas clases.
Moito traballan estes pequenos do cole.
OS LUNS CONTAMOS NÓS
Esta semana tocoulle a Martín e trouxo un libro moi especial:"El pequeño curioso", de Édouard Manceau, que tiña un buraco con forma de rectángulo,
a través do cal se podían ver muitas cousas...
30/03/2025
OS LUNS CONTAMOS NÓS
26/03/2025
DÍA DA POESÍA
25/03/2025
Radiopoemas
O alumnado de 5ºI, polo Día da Poesía, gravou na radio uns fermosos poemas de Rosalía de Castro e Antonio García Teijeiro, coa axuda do alumnado de 3ºP.
A PLANTACIÓN NA HORTA VAI MEDRANDO
As caléndulas, os amorodos, as leitugas, os allos porros e as remolachas siguen en pé a pesar do temporal que tivemos esta fin de semana.
Pronto teremos que quitar malas herbas para que medren como merecen!
24/03/2025
PLANTAMOS NA HORTA
O alumnado de infantil, un ano máis, participou na plantación da horta escolar. Este curso plantamos leitugas e cenorias. Agora esperamos que salga moito o sol e regaremos para que medren moito.
23/03/2025
PLANTANDO NO PATIO DE INFANTIL
Os pandas, coa axuda das bolboretas, plantaron nos bancais de Infantil, os seus primeiros amorodos.
Removemos a terra, botamos abono, plantamos as sementes e regamos. Agora toca esperar a que salgan os ricos amorodos!!!
22/03/2025
MIGALLAS
18/03/2025
CONTACONTOS NA BIBLIO
OS LUNS CONTAMOS NÓS
16/03/2025
OS LUNS CONTAMOS NÓS
O luns pasado Lilith contounos "¡Sueña conmigo, papá!" , unha bonita historia protagonizada polo seu papá...e por ela.
MUITAS GRAZAS, LILITH!
12/03/2025
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Polo Día de Rosalía de Castro, o alumnado recitou varios poemas na biblioteca.
11/03/2025
INSTALACIÓN DAS BOLBORETAS
Actuación Migallas
10/03/2025
OBRADOIRO DE DISFRACES
O venres tivemos un divertidísimo obradoiro de disfraces na biblioteca, como remate final do Entroido. Disfrazámonos e pintamos a cara. Pasámolo xenial!!!