29/05/17

ABRIL, MES DO LIBRO

ESTAS SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NA CLASE DAS TARTARUGAS DURANTE ABRIL, O MES DO LIBRO.

28/05/17

Festival Letras Galegas 2017

AQUÍ TEMOS OS VÍDEOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017.
GRAZAS A XOSÉ VILLAVERDE  "VILLA". AVÓ DE CLAUDIA, QUE COLABOROU CON NÓS FACENDO TODAS AS FOTOS E VÍDEOS DO FESTIVAL.





26/05/17

AS TARTARUGAS FACEMOS VOLTERETAS!!!!!

O MÉRCORES, EN PSICO, AS TARTARUGAS ESTIVEMOS FACENDO VOLTERETAS NAS COLCHONETAS. SAÍRONNOS MOI BEN PARA SER A PRIMEIRA VEZ QUE O FACIAMOS EN CLASE. E O MELLOR DE TODO É QUE..... QUEREMOS FACER MÁIS O PRÓXIMO DÍA!!!!



25/05/17

O "NOVO" PACO

HOXE FOMOS Á BIBLIOTECA E ATOPAMOS A PACO ALÍ, TRANQUILAMENTE, "LENDO CONTOS", E APROVEITAMOS PARA SAUDALO E DICIRLLE O GUAPO QUE ESTABA.

ABRAZÁMOLO E DÉMOSLLE MOITOS BICOS!!!


CONTACONTOS DO I.E.S. CARLOS CASARES

ESTE MES RECIBIMOS A VISITA DOS ALUMNOS/AS DO INSTITUTO DE CARLOS CASARES DE VIGO. 
CONTÁRONNOS UNHA ADAPTACIÓN DO CONTO DE "A GALIÑA AZUL" DE CARLOS CASARES, ENSINÁRONNOS UNHA CANCIÓN E COMO REMATE FIXEMOS ESTE PUZZLE XIGANTE ENTRE TODOS, COAS PERSONAXES MÁIS COÑECIDAS DOS CONTOS DO AUTOR. 
TODA UNHA EXPERIENCIA, TANTO PARA OS MAIORES COMO PARA OS PEQUENOS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!










22/05/17

AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO EN 4º INFANTIL

HOXE VEU EVA, A NAI DE UXÍA, A CONTARNOS UNHA DIVERTIDA HISTORIA DUNHA XIRAFA, CON MARIONETA INCLUIDA!!!







MOITAS GRAZAS, EVA!

20/05/17

CORRELINGUA 2017

O 9 DE MAIO CELEBROUSE O CORRELINGUA EN MOAÑA. FOI UNHA XORNADA MOI DIVERTIDA NA QUE DISFRUTAMOS MOITO DA MÚSICA GALEGA. PRIMEIRO TIVEMOS UN OBRADOIRO DE BAILE DIRIXIDO POLAS MESTRAS DE MÚSICA, E DESPOIS BAILAMOS AO RITMO DAS CANCIÓNS DE PABLO DÍAZ, DO SEU ÚLTIMO DISCO, TIC TAC TOC.

17/05/17

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017!

COMO AGASALLO PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL LEVAMOS A FERMOSA GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES!






FLASHMOB DOS TIBURÓNS

LOGO DE MOITOS ENSAIOS, POR FIN O VENRES 12 DE MAIO A CHUVIA DEUNOS UN RESPIRO PARA PODER BAILAR NO FLASMOB DA APERTURA DO COMICON EN MOAÑA.

TANTO ENSAIO VALEU A PENA!

PODEDES VER UN VÍDEO DO FLASMOB PINCHANDO AQUÍ!














CONTACONTOS IES CARLOS CASARES NA AULA DOS TIBURÓNS

O XOVES PASADO RECIBIMOS A VISTA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DO IES CARLOS CASARES, COS QUE XOGAMOS A UN XOGO DA OCA XIGANTE BASEADO NOS CONTOS DA GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES.

PASÁMOLO MOI BEN!















16/05/17

AS FAMILIAS CONTAN EN 4º E 5º DE INFANTIL

HOXE TIVEMOS UNHA SESIÓN ESPECIAL DE CONTACONTOS, XA QUE NOS XUNTAMOS AS TARTARUGAS E OS ELEFANTES PARA ESCOITAR A ANA, A NAI DE IVÁN E DE LOLY, QUE NOS LEU UN DOS NOSOS CONTOS FAVORITOS (CORRE , CORRE, CABACIÑA) E UNHA DIVERTIDA HISTORIA DE  IRMÁNS:








                                          MOITAS GRAZAS!

14/05/17

ELEFANTES NO COMICON