29/04/17

AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL


ALI, A NAI DE ANCOR, CONTOUNOS ONTE  A FERMOSA HISTORIA DO SAPO DA BARRIGA BRANCA.



 

















E DEIXOUNOS UNS SAPIÑOS PARA COLOREAR...E UN SABOROSO BISCOITO PARA MERENDAR.

















MOITAS GRAZAS!!












28/04/17

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO NA CLASE DAS TARTARUGAS

DURANTE ESTA SEMANA TIVEMOS VARIAS FAMILIAS QUE SE ANIMARON NA CLASE DAS TARTARUGAS PARA CONTAR CONTOS.
O MARTES VISITOUNOS BRAIS, O PADRIÑO DE NAHARA QUE NOS CONTOU O CONTO "OS BOLECHAS AUMENTAN A FAMILIA"






O MÉRCORES ANIMOUSE ARI, A NAI DE LIAH, QUE NOS CONTOU DOUS DIVERTIDOS CONTOS: "FROZEN" E "LA BRUJA MON".

  




 E HOXE, PARA ACABAR MOI BEN ESTA SEMANA CHEA DE CONTOS, VISITOUNOS OLGA, A NAI DE VALERIA, CON DÚAS HISTORIAS XENIAIS DA ED. KALANDRAKA: "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO" E "UN AGASALLO DIFERENTE". 








GRAZAS FAMILIAS. FIXÉSTELO XENIAL!!!

SEMANA DA FROITA NA AULAS DOS TIBURÓNS

QUE RICA FROITA!




27/04/17

AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

                          HOXE A CONTADA FOI DE VACAS:




KATHY, A NAI DE AIXA, LEMBROUNOS A HISTORIA DE MARJORIE (QUE NOS ENCANTA) E CONTOUNOS A SEGUNDA PARTE, QUE FALA DE CANDO DAISY VAI
 Ó COLE: UNHA CHULADA!







E COMO HAI GALIÑAS POLO MEDIO...DE POSTRE, OVOS!...E UNHA LIBRETIÑA PARA AS NOSAS COUSAS.


MOITAS GRAZAS!!



AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

ONTE TOCOULLE A MARÍA, A NAI DE ASIER. 



CONTOUNOS UNHA HISTORIA SOBRE A MENTIRA...




...E REGALOUNOS "CHUCHES" DE VERDADE !


MOITAS GRAZAS!...POR TODO

25/04/17

VISITA Á LUDOTECA MUNICIPAL

SEGUIMOS CO PROGRAMA "APRENDE MOAÑA" ORGANIZADO POLO CONCELLO.
ONTE OS ELEFANTES E OS TIBURÓNS FOMOS Á LUDOTECA.
PASÁMOLO MOI BEN XOGANDO E FIXEMOS UN PUZLE MOI CHULO DO FISGÓN, QUE LEVAMOS PARA AS NOSAS CASAS.









AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

HOXE ESTIVO NA NOSA CLASE NAYARA, A NAI DE KARLA.






              CONTOUNOS DOUS CONTOS MOI BONITOS:


E DE ÚLTIMO,A POTA QUE TROTA ,QUE TRAÍA SORPRESA...MOI RICA!




                          MOITAS GRAZAS!

Exposición contos das librerías

O venres pasado os Tiburóns conmemoramos o Día do Libro facendo unha visita á exposición de libros e contos que as diversas librarías de Moaña nos prestaron.
 Estivemos moi atentos para atopar o libro ou conto que máis nos gustaba e levalo apuntado para a casa.







Ademais, fixemos na clase un marcapáxinas chulísimo!




24/04/17

AS FAMILIAS CONTAN EN 4º DE INFANTIL

Hoxe, na clase das tartarugas, comezaron as visitas das familias para contar contos. "As familias contan" é unha das actividades que se fan no mes de abril, polo mes do libro. 
Sole, a nai de Óscar, foi a primeira, e contounos unha historia de fadas. Un conto titulado "Amigos del bosque" da Ed. Susaeta.




MOITAS GRAZAS SOLE!!!

23/04/17

ELEFANTES NA BIBLIOTECA

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, OS ELEFANTES VISITAMOS NA BIBLIOTECA A EXPOSICIÓN DAS LIBRERÍAS DE MOAÑA .