20/10/17

Hoxe tivemos 3 aniversarios na aula


                                                Emma,Hugo e Noel xa teñen 3 anos.







OS GATIÑOS COCIÑAMOS GALLETAS

O MÉRCORES VEU MÓNICA, A NAI DE ENZO, A FACER CON NÓS UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE MANTEIGA. 
MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!!



GRAZAS MÓNICA!

18/10/17

O OUTONO

O OUTONO CHEGOU E PUXÉMOSNOS A TRABALLAR PARA DECORAR O COLE PINTAMOS UNHAS FERMOSAS FOLLAS  COAS CORES DO OUTONO QUE TANTO NOS GUSTAN.


TROUXEMOS  AO COLE UN MONTÓN DE FOLLAS, DE DIFERENTES FORMAS, CORES, TAMAÑOS , TIPOS  E APROVEITAMOS PARA APRENDER MOITÍSIMAS COUSAS.


CONTAMOS...




CLASIFICAMOS (POR CORES, TAMAÑOS, FORMAS,...)



APRENDEMOS OS NOMES DE MOITAS ÁRORES: EUCALIPTO, PIÑEIRO, CASTIÑEIRO, CARBALLO,...


...E TAMÉN AS USAMOS PARA FACER MANUALIDADES.




MIRADE QUE BEN O PASAMOS...





17/10/17

6º DE INFANTIL EN PSICO

QUE BEN O PASAMOS XOGANDO COS DISCOS VOADORES EN PSICO!!!!


4º DE INFANTIL NO XIMNASIO

AS TARTARUGAS PASÁMOLO XENIAL NAS SESIÓNS DE PSICO NO XIMNASIO. MIRADE!!!



10/10/17

PARACAÍDAS NO XIMNASIO

ESTOS PRIMEIROS DÍAS DE PSICO, ESTIVEMOS XOGANDO CO PARACAÍDAS NAS AULAS DE 5º E 6º DE INFANTIL E EN TODO PRIMARIA. 
ENCANTOUNOS!


05/10/17

PSICO EN 5º DE INFANTIL

PERO QUE BEN CAMBIAN OS GATIÑOS E GATIÑAS AS CAMISETAS E LAVAN AS MANS EN PSICO. SON SUPER MAIORES E CASE NON PRECISAN AXUDA DAS MESTRAS. PARABÉNS!!!!





CONCERTO DE SUSA HERRERA

Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres no auditorio escoitando as divertidas cancións de Susa Herrera, que nos presentou o seu libro "En Cabárceno se sigue cantando".


04/10/17

Xogo arranxado!!!

A pirámide de escalada do patio xa está a disposición de todos e todas. O xogo estivo pechado dúas semanas pola rotura da malla que daba acceso seguro á parte máis alta.
A solución veu grazas á colaboración coa ANPA. O equipo directivo desta  localizou entre as súas amizades un amable e experto mariñeiro, Albino, que arranxou a rede do xogo.
Moitas grazas, Albino!! Moitas grazas, Jose!!!


ADAPTACIÓN DAS TARTARUGAS

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DO NOSO DÍA A DÍA NA AULA.


 

02/10/17

Camiñando

Na primeira saída do curso das tartarugas e dos gatiños e gatiñas os nenos e nenas maiores de 3º e 4º leváronnos da man. Portámonos moi ben!

29/09/17

ANIVERSARIOS NA CLASE DAS TARTARUGAS

HOXE, NA CLASE DAS TARTARUGAS CELEBRAMOS O NOSO PRIMEIRO ANIVERSARIO TODOS XUNTOS. NESTA OCASIÓN, O ANIVERSARIO FOI DE MARIO, ASÍ  QUE CHE DESEXAMOS UN FELIZ DÍA!!


26/09/17

SAÚDOS DAS TARTARUGAS


A CLASE DAS TARTARUGAS XA ESTAMOS LISTOS PARA COMEZAR ESTE CURSO CHEO DE AVENTURAS


24/09/17

SAÚDOS DOS GATIÑOS E GATIÑAS

OLA!!!
AQUÍ ESTAMOS OS GATIÑOS E GATIÑAS EN 5º DE INFANTIL, CON MOITAS GANAS DE APRENDER E DISFRUTAR DESTE NOVO CURSO!!!

11/09/17

SAÚDO DE 6º DE INFANTIL

                                             OLA!
                                  XA ESTAMOS EN 6º !
E TEMOS MOITÍSIMAS GANAS DE XOGAR E APRENDER COUSAS NOVAS ...DE MAIORES.


XA VOS IREMOS CONTANDO...

































06/09/17

PERIODO DE ADAPTACIÓN

ESTA É A DISTRIBUCIÓN DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O GRUPO DE 4º DE iNFANTIL, PARA O CURSO 2017-2018:

05/07/17

A VIAXE DE PACO

"A VIAXE DE PACO"


Dende o segundo trimestre que comenzamos coas coas investigacións, foron moitas cousas as que aprendemos, moito que escribimos, moito que calculamos, moito que preguntamos, moito que descubrimos,... ata que, no terceiro trimestre, coa axuda da ANPA, conseguimos axudar a Paco a chegar a súa casa, a nosa biblio de Quintela. 

BENVIDO PACO!

Aquí vos deixamos o vídeo do proxecto ao completo, dividido en 10 partes.

Todos os Tiburóns e a súa profe desexan que vos guste!
A VIAXE DE PACO (PARTE 1)


A VIAXE DE PACO (PARTE 2)


A VIAXE DE PACO (PARTE 3)



A VIAXE DE PACO (PARTE 4)


A VIAXE DE PACO (PARTE 5)


A VIAXE DE PACO (PARTE 6)


A VIAXE DE PACO (PARTE 7)


A VIAXE DE PACO (PARTE 8)


A VIAXE DE PACO (PARTE 9)


A VIAXE DE PACO (PARTE 10)







27/06/17

ATA SETEMBRO!

Aquí vos deixamos unhas fotiños da festa de fin de curso e despedímonos ata setembro.

FELIZ VERÁN!