06/04/2016

Un problema, unha oportunidade para aprender e practicar

Hoxe pasou na clase dos Gatiños algo que nunca pasara: nin Belén, nin Noe, nin Kathy, nin ningún gatiño, nin ningunha gatiña acordáronse de subir as carpetas da biblio. Así que cando baixamos de inglés... non tiñamos carpetas! Sen o número de rexistro do libro que xa levaramos para casa e sen saber o número de lector/a non podiamos facer gran cousa... Así que tocou facelo a man!

Nun folio grande tivemos que escribir os nosos nomes e os números de rexistro dos libros que iamos levar.




Así, dun problema sacamos unha boa oportunidade para practicar a lectoescritura e a lóxica-matemática!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.