01/11/2015

AS EIRUGAS

Na clase das bolboretas, nos primeiros días de curso, Xandro trouxo uns vermes de seda para ter no cole. 
 




Decidimos investigar sobre este animal, aínda que nós xa sabiamos que despois se converten en bolboretas, xa que coñocemos o conto de "Unha eiruga moi larpeira", pero queriamos saber máis cousas.


 

Así que fomos á biblioteca de Paco  buscar libros que nos deran información.
            


Contamos: temos 9 eirugas. E temos que contalas todos os días...
        

Limpamos a caixa e dámoslle de comer as follas que nos trouxo Xandro (que aínda non sabemos como se chaman).
           

Acabáronse as follas que trouxera Xandro así que fomos á clase dos maiores a preguntar que comían. Os maiores sacáronnos de dúbidas: follas de moreir,a e contáronnos que había unha árbore no cole, así que alá fomos.


 E O QUE MÁIS NOS GUSTA DE TODO, É OBSEVAR AS EIRUGAS...


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.