Na clase dos Pingüíns estivemos a falar estes días sobre o magosto e, como xa temos internet na aula, decidimos buscar información. Así, atopámonos con que nestes días se leva a cabo a vendima, a matanza do porco,... e que o 11 de novembro se celebra en Moaña o San Martiño. A moitos xa nos soaba esa festividade, incluso Xavi ensinounos un refrán que o resto aprendemos de contado:
Polo San Martiño, trompos ao camiño. Ao día seguinte...
¡Sorpresa! Adrián e Mateo trouxéronnos dous trompos e estivemos probando a enrosca-la corda nel... aínda que é máis difícil do que asemella.
Buscamos tamén na rede outros refráns sobre o San Martiño e escollemos dous: o que nos dixera Xavi e
A todo porquiño lle chega o seu San Martiño: