25/04/2024

PROXECTO O UNIVERSO

Os koala decidiron fai un tempo que querían investigar sobre o universo e así comezamos a facelo. Estamos aprendendo moitísimas cousas sobre galaxias, estrelas, planetas, meteoritos...

Cada día xorden máis intereses e preguntas e seguiremos con elas ata final de curso.

Aquí tedes o noso recanto do proxecto


Tamén vos deixamos por aquí algunhas das actividades que levamos a cabo con materiais creados para a ocasión e achegas das familias.



E por último, unha actividade con Merge Cube de realidade aumentada coa que puideron coñecer e achegarse un pouquiño máis o noso sistema solar.


Seguiremos subindo outras actividades sobre este proxecto tan interesante.

AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

Nesta ocasión foi Patricia,a nai de Dani, quen nos contou unha historia na que resalta o valor da amizade e a empatía. 
Moitas grazas por pasar con nós este ratiño!


 

23/04/2024

MARCAPÁXINAS POLO DÍA DO LIBRO

 Hoxe, celebrando o Día do Libro, agasallamos ao alumnado cun marcapáxinas cos libros de Hematocrítico. O alumnado de 3º de Primaria, axudou ao alumnado de Infantil a facer o seu marcapáxinas.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!




DÍA DO LIBRO: XOGO DE PISTAS

Hoxe, 23 de abril, para celebrar o Día do Libro, fomos á biblioteca a facer un xogo de pistas. 
Pasámolo moi ben buscando as sorpresas  que Paco nos escondera en cada libro.





AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

Hoxe tivemos a visitas de Lorena, a nai de Teo Rodas, que contou unha historia moi divertida que fixo rir ós koalas. Moitas grazas por compartir con nos este tempo de lectura.


 

22/04/2024

As familias contan en 4º de infantil

Comezamos un ano máis coa actividade organizada pola biblioteca, "As familias contan", e na clase das tartarugas xa tivemos tres visitas moi especiais: Sara, a nai de Amaia, e Carla e Elena, as tías de Óliver e Christian. Contáronnos tres divertidas e fermosas historias que nos encantaron. Sempre é un pracer compartir lecturas coas familias.

Moitas grazas a todas!!!




19/04/2024

Os koalas visitan a exposición da biblioteca

 Os koalas visitamos a exposición das librerías de Moaña na biblioteca do cole. Encántanos curiosear nos contos!



4° e 5° de infantil visita a exposición das librarías na biblioteca

 Como motivo do Día do Libro, as distintas librarías de Moaña cédennos libros para facer unha exposición na biblioteca. O alumnado visita a biblioteca e, de todos os libros, elixe o que máis lle gusta. Anota os datos nun papel e, se queren, poden ir mercalo coas súas familias á libraría e beneficiarse dun desconto.




18/04/2024

AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

 Hoxe tivemos a visita de Andrea, nai de Theo, que nos contou unha interesante historia sobre imaxinación e lectura



15/04/2024

ACUARELEANDO

 As tartarugas disfrutamos pintando unhas fermosas flores con acuarelas. 

 

12/04/2024

O NOSO CAMPO DE PAPOULAS

 Os koalas decoraron o corredor con estas fermosas flores.






11/04/2024

AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

Este mércores visitounos o avó de Elia cun conto moi especial escrito e ilustrado por el mesmo como agasallo para a súa neta. Encantounos!



07/04/2024

AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

Como en anos anteriores, invitamos as familias a contar contos nas nosas aulas, con motivo da celebración do  Mes do Libro; pero neste curso decidimos non limitar esta actividade ó mes de abril, senón realizala desde marzo ata xuño.
Estas son as fotos das nosas visitas do mes de marzo:





MUITAS GRAZAS, TATI, CRIS, TANIA, JONA E LUCÍA!





















 

01/04/2024

Os koalas plantan na horta

 Antes de marchar de vacacións, os koalas plantaron na horta do cole remolachas e cenorias. Veremos como medran e comeremolas!





22/03/2024

DÍA DA POESÍA

As nenas e nenos de cuarto e quinto de infantil reuníronse na biblioteca coas súas amigas e amigos lectores de terceiro de primaria para celebrar o Día da Poesía.
Recitou cada clase un poema e fixeron un intercambio de agasallos: unhas fermosas flores elaboradas nas aulas.



















 

21/03/2024

Día da Poesía coas tartarugas

 As tartarugas celebramos o 21 de marzo, Día da Poesía, cun recitado de varios poemas de Rosalía de Castro, Fran Alonso e Antonio García Teijeiro.


17/03/2024

Día da muller, 8M

Este venres, con motivo de traballar co alumnado a conmemoración do 8M, recibimos na aula das tartarugas a Laura, nai de Óliver.

Laura é arquitecta, e viu a explicarnos en que consiste o seu traballo, as diferentes tipos de construcións que poden facer as arquitectas e arquitectos, os planos, e os materiais que necesita no se traballo.

Moitas grazas Laura pola túa visita!!!





13/03/2024

Traballando na horta

Seguimos a traballar no proxecto Voz Natura. Hoxe as tartarugas participaron na plantación, na horta escolar, dunhas leitugas. 




12/03/2024

A plantar!!!!

 As tartarugas disfrutamos hoxe plantando nos bancais remolacha, acelgas e amorodos. Se nota que chega a primavera que xa podemos facer máis actividades ao aire libre e na natureza. Agora toca coidar a nosa plantación. Xa vos iremos informando.